O próximo martes, 23, ás 18,00 h., vaise presentar no salón de actos da Biblioteca provincial “O reiseñor poeta de Randulfe”, obra póstuma do xenetista Santiago Rodríguez sobre a obra de seu pai, o escritor paradelense Manuel Rodríguez López.
Na presentación intervirán:
Santiago Rodríguez (Barcelona, 1971), faleceu o pasado 19 de marzo do 2024 en Bristol (U.K.), sendo trasladados os seus restos a Paradela, e soterrados no Panteón de paradelenses ilustres xunto aos de seu pai.
O concello de Paradela, que tiña nomeado a Manuel Rodríguez Fillo Predilecto, acordou nomear a Santiago – destacado biólogo, xenetista e escritor – a título póstumo, Fillo Adoptivo do concello.
Santiago Rodríguez dedicou importante esforzo a estudar, codificar e divulgar a obra en prosa e verso de seu pai, volcándose os últimos anos en traballar no estudo destes escritos nun traballo que quedou inédito ao seu pasamento, sendo rescatado pola familia e os amigos para ser editado de xeito póstumo como lembranza e homenaxe a pai e fillo, por parte do Concello de Paradela e a Xunta de Galicia.
Os asistentes á presentación recibirán cadanseu exemplar do libro.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte