- Este evento ha pasado.
Danza – «NIK.EU 2.0»

Danza – «NIK.EU 2.0»
De iXA
Venres, 30 de xaneiro de 2026 20:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Todos os públicos
Participa como invitado o alumnado de 6º curso de grao profesional do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo coa peza » Sermón» do bailarín e coreógrafo galego Samuel López Legaspi.
Sinopse:
NIK·EU 2.0 preséntase como a última produción do proxecto iXa.
Unha proposta de danza contemporánea creada para catro intérpretes de 50 minutos de duración.
A obra foi estreada en abril do 2023 e está dirixida por Xián Martínez.
Coproducida polo goberno de Navarra a través da fundación baluarte, Lekuona Fabrika de Rentería e a propia compañía cun primeiro período de residencia enmarcado dentro do Festival de danza DNA22 e unha segunda etapa que discorreu en Lekuona Fabrika a finais de 2022.
NIK·EU 2.0 segue, como xa é habitual, a filosofía de iXa centrada en desenvolver obras enfocadas nas artes do movemento pensadas especificamente para públicos non especialistas, buscando conectar co imaxinario colectivo e coa propia experiencia persoal do público asistente.
A compañía amosa unha preocupación por levar a escena temáticas que xeren conciencia crítica e que conecten co humano, apostando por cuestiós sociais de perspectivas de xénero e máis especificamente de contido LGTBIQA+, etc.
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e no Vello Cárcere ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Programación do Auditorio Gustavo Freire no primeiro semestre do 2026























