O Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron esta a programación do Entroido 2026, que inclúe 17 actividades destinadas a todos os públicos.

Ferreiro destacou que «o obxectivo é seguir facendo do Entroido unha festa participativa e accesible para toda a veciñanza, mantendo as nosas tradicións vivas e introducindo novas propostas que xa demostraron ser un éxito en anos anteriores.»

PROGRAMACIÓN

Xoves 5/02

Inauguración da exposición “Personaxes do Entroido Galego” de C. Padín no Vello Cárcere. A mostra poderá visitarse ata o 30 de marzo, e conta con máis de 100 obras que amosa as personaxes máis características do entroido galego.

Domingo 08/02

19:30 Concerto enterro da sardiña 2026 con Ensemble Terra Nova e Coro Kantantibus no Círculo das Artes. Entrada de balde.

Xoves 12/02

«Cé Orquestra Pantasma” a partir das 17:30 no Mercado Muncipal

Venres 13/02

Pregón ás 20:00 na praza Maior, que estará animado pola agrupación Condensadores de Fluzo. Posteriormente, Bloco Meigallo animará as rúas do casco histórico, a partir das 21:30.

Sábado 14/02

12:30  “AUCHH!” de Abraham Arzate na praza Maior

17:00 Desfile infantil, que contará coa animación da Tambukda e “Malabarabilidades» a cargo de Fran Boza.

A partir das 20:30, a Tambukda animará as rúas do casco histórico. 

Domingo 15/02 

12:30 Espectáculo “Frikis” de Mundo Costrini na Praza Maior.

18:00 Gala de circo Introitus, coas actuacións de Pakolas, Marta Sempre Arriba, Henriko e Martilda. Praza Maior.

Luns 16/02

12:30 espectáculo “Máximo Óptimo” de Máximo na praza Maior.

18:00 o Dúo Laos representará «Otros Aires» na praza Maior e a partir das 21:30 a animación de rúa continuará no casco histórico coa actuación do Bloco Meigallo.

Martes 17 de Entroido

12:30  Brais das Hortas e o seu espectáculo “Consertasso na horta” na praza Maior

17:00 Desfile de disfraces para persoas adultas, coa actuación de Tambukda e Carta de ajuste.

Mércores 18/02

Arturo Cobas co seu espectáculo “O mundo de Nono”. 

17:30 cun Concerto de Banda e Coro infantil da banda Filharmónica de Lugo 

20:00 co Enterro da Sardiña e o concurso de ferretes. A actividade sairá do Círculo das Artes e conta coa colaboración de Estoupacaldeiros e as actuacións de Orquesta Terra Nova e Orfeón Xoan Montes.