Espectáculo familiar “Llar” de Federico Menini. 3 de xullo 18:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez Llar (fogar en valenciano) é o encontro da arquitectura e das artes circenses coa madeira como protagonista. A búsca e construcción dun refuxio, unha morada, unha choza, o espazo onde un habita e sinte seguridade e calma. O malabarista […]
Encontro coa escritora Andrea Fernández Plata Venres 4 de xullo ás 17:00 horas no centro sociocultural O Vello Cárcere. Nesta sesión aberta ao público, a autora estará acompañada pola xornalista cultural Carmen G. Magdaleno, coa que manterá unha conversa en torno ao libro Jarroa, os seus procesos creativos, e os temas que atravesan a obra. […]
Media hora de poesía con Roberto do Pacio O sábado 5 de xullo ás 20 horas Roberto do Pacio, poeta nado na Coruña, porá fin á primeira tempada da 1⁄2 HORA DE POESÍA na Taberna Cultural A Despensa do Saa, presentado por Toño Núñez. Recitará poemas do libro "O cantar das miñocas"
Espectáculo teatralizado “Historias que transforman” A actividade, que mestura narración oral, música e posta en escena, terá lugar o martes, 8 de xullo, a partir das 19:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez, con acceso libre. Nun ton lúdico e accesible, o espectáculo convida a pensar sobre como as accións individuais e comunitarias poden contribuír […]
Espectáculo familiar “Pausa” de niMú. Xoves 10 de xullo de 2025 18:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez Unha pallasa e moitas maletas. Un imprevisto viaxe conduciranos a un lugar onde a espera deixará de ser algo aburrido para se converter nun momento de xogo e de imaxinación sen límites. niMú crea situacións absurdas, improvisadas, […]
Poesía - "Versos na Barraca con Abraham Pérez e Beatriz Dourado" Xoves 10 de xullo de 2025 - 20:00 horas - Praza da Mosqueira - De balde. "Anos vinte século vinte e un" A consolidación das poéticas de Abraham Pérez e Beatriz Dourado no comezo dos anos vinte do novo século achegan a este recital […]
Mostra aberta "Sobre el bailar como descanso" De Tania González Sábado 12/07 19:00 horas Museo Mihl de Lugo Entrada de balde. Reserva de entradas: 604 002 295
Espectáculo familiar “Circo Cambache” de Henriko. 17 de xullo. 18:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez Este espectáculo conta, en clave de traxicomedia, a historia dun antigo circo do século pasado, O Circo Cambuche. Kike Castro, o derradeiro supervivente deste circo, lembra a historia da súa familia de funambulistas e o seu amargo final. Cada […]
Poesía - Chus Pato e Yolanda Castaño en "Versos na Barraca" 17 de xullo - na praza da Mosqueira ás 20:00 horas. «O PREMIO ERA O VERSO» A habilidade e o talento na reformolución da interpretación da realidade. Dúas poetas galegas e universariais recoñecidas a nivel internacional que navegarán entre a música e a poesía […]
Espectáculo familiar “Glamping” de SU.MA. 24 de xullo. 18:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas. Superarán os nosos personaxes o reto de […]
Poesía con Antón Reixa, Xosé Manuel Pereiro e Pedro Granell Xoves 24 de xullo de 2025 – 20:00 horas - Praza da Mosqueira Un furioso silencio (Homenaxe a Lois Pereiro) O mundo é un lugar peor sen Lois Pereiro. Da man de seu irmán, Xosé Manuel Pereiro (aka Johnny Rotring), frontman de Radio Océano, o […]
Espectáculo familiar “Sen Patrón” de Pistacatro. 31 de xullo. 18:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero qué pasa […]
Natalia Navarro presenta ‘Mängata’ dentro do "Atopémonos Bailando" 31 de xullo ás 19.00 horas Museo MIHL - De balde. O proxecto ‘Mängata’ de Natalia Navarro propón un diálogo entre o corpo e o océano, entre as mareas internas e a forza lunar, onde o corpo se transforma nunha paisaxe viva, modelada por correntes que espertan […]
Poesía con Dores Tembras e Antía Otero Xoves 31 de xullo de 2025 – 20:00 horas - Praza da Mosqueira A década das abellas (Dez anos dez de Apiario) A delicadeza persistente das abellas é a que obra o milagre do panal. A poesía feita refuxio a través do diálogo preciso coa experiencia de dúas […]