Espectáculo familiar “Sen Patrón” de Pistacatro. 31 de xullo. 18:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero qué pasa […]
Natalia Navarro presenta ‘Mängata’ dentro do "Atopémonos Bailando" 31 de xullo ás 19.00 horas Museo MIHL - De balde. O proxecto ‘Mängata’ de Natalia Navarro propón un diálogo entre o corpo e o océano, entre as mareas internas e a forza lunar, onde o corpo se transforma nunha paisaxe viva, modelada por correntes que espertan […]
Poesía con Dores Tembras e Antía Otero Xoves 31 de xullo de 2025 – 20:00 horas - Praza da Mosqueira A década das abellas (Dez anos dez de Apiario) A delicadeza persistente das abellas é a que obra o milagre do panal. A poesía feita refuxio a través do diálogo preciso coa experiencia de dúas […]
Comedia acrobática “Ovella Negra” de Dúo Laos. 7 Agosto de 2025 - Praza Anxo Fernández Gómez - 18:00 horas - De balde. Sinopse: Ser a Ovella Negra da familia non está ben visto dentro do sistema familiar. Ser diferente pode ser compricado e non sempre ser ben entendido. Dúo Laos preséntanos unha comedia acrobática de […]
Club de Lectura de Lugo "Son coma glaciares os barcos de aceiro" De @chavena_ O vindeiro 8 de agosto ás 18:30h, en O Vello Cárcere Unha oportunidade perfecta para compartir lecturas e reflexións nun espazo único. 📍Entrada libre ata completar aforo. Para participar só tes que escribir a: clubdelecturalugo@gmail.com