Achádego Teatro finaliza novembro con tres xornadas de “experiencias teatrais”. O Actor Tamár Novas, o Director Jorge Coira ou o dramaturgo Sergi Belbel, entre outros, falarán de creación, actuación e creación de ficción en Galicia. Forma parte do amplio programa organizado para conmemorar o 30 aniversario de Achádego Teatro. Todas as conferencias terán lugar no Auditorio do Vello Cárcere ás 20:00 e ás 18:00.
Novembro 2018 Achádego Teatro quere celebrar esta especial festa do teatro invitando a reflexión sobre a situación actual da actuación, producción, e escritura en ficción. Para eso organizou estas “Xornadas teatrais” en dúas fases nas que participan un total de 10 ponentes relacionados co mundo da actuación. Un conxunto de conferencias realizado grazas o apoio da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo.
O venres 23 de novembro celebrarase a mesa redonda “ Galicia para crear ficción, aposta teatral e audiovisual “ con Jorge Coira, Director de cine, Antonio Mourelos, Presidente da Academia Galega do Audiovisual e actor, Mercedes Castro, Actriz e productora de Emedous. 20:00 Auditorio Vello Cárcere. Ao día seguinte, sábado 24 de novembro será o turno da conferencia “ A dramaturxia actual ” Co dramaturgo Sergi Belbel. 20:00 Auditorio Vello Cárcere. O domingo 25 de novembro haberá un encontro co actor Tamar Novas baixo o título“O nacemento e a formación dun actor”. 18:00 Auditorio Vello Cárcere.
23 de novembro. “ Galicia para crear ficción, aposta teatral e audiovisual”. Auditorio Vello Cárcere 20:00
Jorge Coira: Director, guionista e montador. Nace en Rábade e amosa dende a adolescencia a súa paixón polo cinema. Nos anos 90 empeza no mundo do cine realizando curtametraxes. En 2002 filmou a súa primeira largometraxe, o filme “ entre bateas” despois viñeron “o ano da carracha” rodada en Lugo. No ano 2010 estrea “18 comidas” que leva recibido numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais. Traballou en varias series de televisión. En 2016 gañou o Goya á Mellor Montaxe polo seu traballo en ”El Desconocido” de Dani de la Torre.
Antonio Mourelos: Naceu en Lugo en 1959. Licenciado en Imaxen e son na Facultade de Ciencias da Información da Universidade complutense , empezou a traballar na radio en Lugo. Nos anos 80 marchou para Santiago en donde realizou labores de doblaxe e empezou a traballar en varias películas e series galegas. Unha veintena de series e máis de unha ducea de películas. Actualmente é profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación impartindo a materia de “Dirección e Interpretación cinematográfica”.
Mercedes Castro: Recibiu formación actoral na Escola de Teatro e Danza “Espacio Aberto” en Santiago de Compostela entre 1994 e 1997. Con curso de posgrado en Arte dramática, teoría, práctica da interpretación un ano despois. A súa experiencia como actriz pasa polo Centro Dramático Galego , o grupo Xalgarete, teatro espello cóncavo, teatro do Atlántico, alalá produccions entre outras. Participou en varias series televisivas e longametraxes. En 1998 acadou o premio María Casares de teatro a mellor actriz protagonista, en 1999 mellor espectáculo teatral por “ a viaxe de lola” no certamen de teatro de Logroño. No 2001 funda Eme2 Producción e distribución , da que é xerente e directora hasta a actualidade. Empresa que distribue compañías de artes escéncias na mayoría dos círculos de todo o Estado.
24 de novembro: “A dramaturxia actual”. Auditorio Vello Cárcere 20:00
Sergi Belbel. Nace en Tarrassa en 1963. E Autor, director e traductor teatral. Membro fundador da Aula de Teatro da Universitat Autónoma de Barcelona, profesor de Dramaturxia no Institut del Teatre de Barcelona de 1988 a 2006. Dende 2016 dirixe o laboratorio de dramaturgia Peripécies na sala Becket de Barcelona. Ten un casi infinito curriculum de premios entre os que están:
Premio Nacional de Literatura Dramática del Ministerio de Cultura Español 1996 por “Morir”.
Premio Moliere 1999 a la mejor obra cómica de la temporada por “aprés la pluie”.
Premio Max de las Artes Escénicas 2002 a la proyección Internacional por Después de la lluvia.
Acaba de recibir o Premio “Rosalía de Castro” 2018 do Centro PEN de Galicia.
25 de novembro: “O nacemento e a formación dun actor”. 18:00 Auditorio Vello Cárcere.
Tamar Novas:
Con 11 anos foi descuberto polo director José Luis Cuerda para interpretar a un dos protagonistas en “ La lengua de las mariposas”. Unha película preseleccionada para os premios Oscar como candidata española e que Woody Allen calificou como “ unha das mellores películas que nunca vira”. A partir de ahí selecciona moi ben os seus traballos, rechazando moitas ofertas para poder seguir cos seus estudos. Decide non rechazar, sin embargo, a proposta de Alejandro Amenabar para filmar “mar adentro” con Javier Bardem, sobre a vida de Sampedro. Aquí gaña o Goya o actor revelación en 2005. Tamén gaña o Premio da Unión de Actores dese ano. A película gañaría despois o Oscar a mellor película de fala non inglesa. Tamar decide, no obstante, seguir coa súa carreira de comunicación audiovisual e a súa formación como actor. En 2007 se traslada a Madrid para seguir a súa formación na Escola de Juan Carlos Corazza. Entón aparece Almodóvar coa proposta de un papel en “los abrazos rotos” que abre aínda máis o panorama internacional.
Con Corazza e textos de Shakespeare e Lorca se inicia no teatro. Con “ el viaje a ninguna parte” sigue a súa carreira teatral da man do Centro Dramático Nacional. Agora mesmo está grabando unha serie para Nefflix. Este verano participó en la grabación de la película Elisa e Marcela de Isabel Coixet. En 2019 estrenará no Centro Dramático Nacional “El jardín de los cerezos” de Chéjov. Presume de ser profesor de galego do pianista James Rhodes.