O ciclo Lugo é Danza continúa co obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia o vindeiro 6 de febreiro na Caixa Negra do MIHL a partir das 18:30 horas.
Trátase dunha actividade para ás familias con nenas e nenos entre 6 e 9 anos na que descubrirán a experimentación do circo e a danza co corpo. Será impartida pola compañía Traspediante.
Movemento e Equilibrio en Familia supón a antesala a UP2DOWN, espectáculo que Traspediante desenvolverá no MIHL o venres 7.
O obradoiro «Movemento e Equilibrio en Familia» ten un aforo limitado a 15 nenos e nenas máis dúas persoas acompañantes por cada un. As inscricións realizaranse chamando ao teléfono 010.
Ciclo promovido por: Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte