O ciclo Lugo é Danza continúa co obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia o vindeiro 6 de febreiro na Caixa Negra do MIHL a partir das 18:30 horas.

 Trátase dunha actividade para ás familias con nenas e nenos entre 6 e 9 anos na que descubrirán a experimentación do circo e a danza co corpo. Será impartida pola compañía Traspediante.

Movemento e Equilibrio en Familia supón a antesala a UP2DOWN, espectáculo que Traspediante desenvolverá no MIHL o venres 7.

O obradoiro «Movemento e Equilibrio en Familia» ten un aforo limitado a 15 nenos e nenas máis dúas persoas acompañantes por cada un. As inscricións realizaranse chamando ao teléfono 010.

Ciclo promovido por: Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo.

Cartel Taller "Lugo en danza": movemento e equilibrio en familia
Cartel de Lugo En Danza: "Up2down", de Traspediante