Poeta en Nova York con María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz. Dirección: Paloma Lugilde

O fotógrafo Adra Pallón conviviu varios días coa compañía Teatro Baixo da Area para recoller coa súa mirada o esforzo, o sacrifio, as tensións e as alegrías que vive o elenco artístico e técnicos ante a estrea dunha nova obra: «Poeta en Nova York» de Federico García Lorca, por primeira vez en galego. 

Desde os ensaios no seu local, ata o montaxe do escenario pasando pola atención aos medios, as esperas e os continuos ensaios, as fotografías falan por sí mesmas desta obra que vendeu todo as dúas noites en Lugo e impactou e axitou conciencias a partes iguais.

Esta adaptación teatral conta con María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz. Completan o equipo Rosa Moledo tradución e asesoramento lingüístico, Xoan Laxe tradución e Alfredo Sarille luces baixo a dirección de Paloma Lugilde

Poeta en Nova York con María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz. Dirección: Paloma Lugilde