Novembro 2019 Para chegar á República Independente de Pínconús, o lugar da felicidade, só é necesario sacar unha entrada para ver á compañía de teatro do mesmo nome, Pínconús, situada na súa embaxaida de Lugo. Iso é o que fixeron lucenses de todalas idades esta fin de semana enchendo as tres funcións da estrea desta compañía teatral na sala Hipócrita (Itaca – Artes Escénicas). A cada sorriso máis preto estaban de tal máxico lugar…e houbo sorrisos por centos. Desde o minuto un, Carlos Coira, Marga Portomeñe, Carlos Iglesias e Ana Carreira conseguen facer rir ao público co seu espectáculo que mezcla o clown, o musical e o absurdo para ir levando ao público pouco a pouco …á felicidade.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte