Xuño 2019 «Cando espertou, Borges aínda estaba alí» é un deses eventos para non perder porque xunta a dous artistas imperdibles: o lucense Lois Pérez e o arxentino Jorge Luis Borges.
Lois Pérez (narrador oral, poeta e comediante) achégase dende o humor e a narración oral á figura do arxentino Jorge Luis Borges, un dos escritores fundamentais a ter en conta na literatura universal.
Para asistir ao mesmo, non cómpre ter lido nin a Borges nin a Lois Pérez. Entrada gratuita ata completar aforo.
Día: Xoves 27/06
Hora: 20:30
Lugar: Auditorio do Vello Cárcere
En Viva Lugo:
Vida, obra e milagres do escritor lucense Lois Pérez