Lugo Cultural – Aberta a participación no Micro Aberto 2023

Microaberto é unha actividade incluída na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

Ata o día 17 de novembro podes enviar as túas propostas a cultura.lugo@usc.gal para participar no micro aberto: pode ser un texto, poema, canción, monólogo… «o que che apeteza expresar e compartir arredor de quen nos acompañan dende o outro lado», explican dende a organización.

O convenio Lugo Cultural recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo