O Festival Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, vén de anunciar o programa da súa novena edición, que se vai celebrar entre os días 1 e 11 de xullo no que unha trintena de artistas actuarán nas 82 funcións previstas, que se deslocalizarán en 40 sedes repartidas en 27 municipios das catro provincias galegas. 

O encontro, que celebra nove anos ininterrompidos de actividade malia a pandemia, desenvolverase por primeira vez no verán e ao aire libre, con boa parte dos espectáculos en espazos de gran valor patrimonial espallados por toda Galicia. 

Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia contadores de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, pero non faltarán voces nacionais procedentes de Zamora, Salamanca, Cataluña e, por suposto, Galicia. 

Algúns dos nomes que configuran o cartel deste ano son Thoma Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Eugenia Manzanera, Pep Bruno ou José Luis Gutiérrez «Guti». A nómina de contadores complétase cunha trintena de artistas galegos nos que figuran, entre outros, Quico Cadaval, Celso Sanmartín, Paula Carballeira, Cándido Pazó, Charo Pita, Avelino González, Raquel Queizás, etc.

O programa completo de Atlántica 2021 e mais a información sobre os artistas pódese consultar na web do festival. Por mor das restricións sanitarias que poida haber, para coñecer a información máis actualizada sobre reservas e accesos aos espectáculos cómpre consultar a web do festival.

 

PROGRAMA PROVINCIA LUGO

SARRIA | Contos no camiño I Pep Bruno I 4 xullo I 21 h I Praza de Santa Mariña I Adultos I Castelán
PALAS DE REI | Contos no camiño I Pep Bruno I 6 xullo I 21 h I Parada da Bestas I Adultos I Castelán
MELIDE | Contos no camiño I Pep Bruno I 8 xullo I 21 h I Praza I Adultos I Castelán 

 

ALFOZ 

Onda min | Raquel Queizás | 4 xullo | 20:30 h | Castelo de Castro Douro | Infantil e familiar | Galego
Autoestradas e corredoiras | Quico Cadaval | 10 xullo | 20.30 h | Castelo de Castro Douro | Infantil e familiar | Galego
Heroes que dormen, heroes que resisten, heroes que mudan (música e historias da Historia) | Manuel Gago, Mano Panforreteiro | 11 xullo | 20:30 h | Castelo da Frouseira | Adultos | Galego

FOLGOSO DO CAUREL

Menú de contos | Charo Pita | 10 xullo | 19 h | Castro de Vilar – Lugar de Froxán | Adultos | Galego

 

FRIOL

Vouche contar | Ramiro neira | 7 xullo | 18 h | Museo Fortaleza San Paio de Narla | Infantil e familiar | Galego

 

 MONDOÑEDO

Cando viaxou unha lingua de lume nun carro de herba seca? | Celso F. Sanmartín | 1 xullo | 21.00 h | Ponte do Pasatempo | Adultos | galego

A festa dos monicreques | Larraitz Urruzola | 10 xullo | Hora por concretar | Alfar dos Muíños | infantil e familiar | Galego

O SAVIÑAO (CHANTADA)

A barca dos contos | Anxo Moure | 3 xullo | Mañá e tarde | Embarcadoiro do Saviñao | Grupos reducidos, inscrición previa | Galego

A barca dos contos | Anxo Moure | 3 xullo | Mañá e tarde | Embarcadoiro do Saviñao | Grupos reducidos, inscrición previa | Galego

 

OUTEIRO DE REI

Utopías | Atenea García | 10 xullo | 19.00 h | Casa Museo Manuel María | Infantil e familiar | Galego

Eventos en Lugo