Producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza e obras internacionais de calidade contrastada na programación do Auditorio Municipal Gustavo Freire neste último trimestre do ano.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación teatral  «en total son 19 propostas, para distintos públicos, con actuacións de grupos de teatro de recoñecida calidade que conseguiron distintos premios.

«Quixemos poñer o foco», explicou Maite Ferreiro, que engadiu «esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez».

A programación inclúe un total de 12 propostas para público adulto e 7 para familias. Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

Programación 

30/09 xoves. “Serva me servabo te” do Centro Dramático Galego.
 
OUTUBRO
 
21 “La suerte” de Pérez&Disla
24 “Semente. O home que plantaba árbores” de Eme2
28 “Un home con lentes de pasta” de Redrum Teatro Compañía
31 “Hay una sirena en mi salón” de La Teta Calva
 
NOVEMBRO
 
4 “Drop” de PistaCatro Produtora
6 e 7 “Nevermore” de Grupo Chévere
11 “Desde o invisible” de La Quintana Teatro
14 “Gaia Baba” de Moving Compass Theatre
18 “Comando Comadres” de Matrioshka Teatro
21 “Soga & Cinsa” de Aporía Escénica
25 “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva” de olivas_negras
28 “A lúa vai encuberta” de A quinta do Cuadrante
 
 DECEMBRO
 
2 “Porvenir” de Impromadrid Teatro
5 “A nena que vivía nunha caixa de mistos” de Caramuxo Teatro
9 “O charco de Ulises” do Centro Dramático Galego.
12 “Las pequeñas cosas” de La Mecánica
16 “Formigas no peto” de Ítaca Teatro
19 “Mulleres na memoria” 6 grupos lucenses presentan as súas composicións sobre mulleres represaliadas a través de poemarios de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco. Grupos: Iria Estèvez Music e Gonzalo Piña, Los Zorros Paloma Suanzes, Olalla Caamaño, Hit the bit e Carlos Díaz.