O Vello Cárcere acollerá o IV Festival de Poesía das Lupercais
Terá lugar o 3 de maio e reunirá en distintos horarios a 12 poetas

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Vello Cárcere acollerá o IV Festival de Poesía das Lupercais, «unha das iniciativas máis relevantes do panorama poético lucense na actualidade», afirmou.

A actividade, que terá lugar o 3 de maio nas instalacións do Cárcere, reunirá en distintos horarios a 12 poetas, e nesta ocasión contará co peruano Gian Pierre Codarlupo, facendo un oco á poesía migrante.

A programación inclúe tamén a autoras e autores recoñecidos como Tere Larios, Marcelo Morales, Raquel Vázquez, Toño Núñez, Mª Ángeles Pérez López, Martín Pérez Rei ou Mónica Candeiro, entre outros.

O encontro organizado polo colectivo lucense mesturará palabra, paisaxe, comunidade e resistencia nunha instalación cultural relevante como o Vello Cárcere.