Programación do Auditorio Municipal Fuxan os Ventos primeiro semestre 2025.

Nomes como Abraham Cupeiro, Álvaro Casares, Leo Harlem ou Luís Piedrahita compartirán espazo no Fuxan os Ventos co tecido cultural lucense como Achádego Teatro, Banda Filharmónica ou Palimoco Teatro.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, confirmou as primeiras 22 actividades que terán lugar no auditorio municipal Fuxan os Ventos. 

Ferreiro afirmou que se trata dunha programación «ampla e diversa, con agrupacións de Lugo e artistas de fóra, que colaborará para ampliar a intensa programación cultural de Lugo». Ferreiro lembrou que Fuxan os Ventos dará tamén un concerto no auditorio ao que dan nome, como «homenaxe a un dos grupos musicais galegos máis importantes nos últimos anos, e celebración do seu 50 aniversario, celebrado en 2022»

Ferreiro afirmou que «Fuxan os Ventos é un dos grupos musicais galegos máis importantes nas últimas décadas», e engadiu «para o Concello de Lugo é unha honra contar cun auditorio co seu nome, despois de acoller tamén o seu nacemento no ano 1972».

A área de Cultura sumará novidades que aínda continúan a ser organizadas, aumentando a oferta cultural do Fuxan os Ventos, que convivirá coa programación xa anunciada para o Auditorio Municipal Gustavo Freire.

 
ABRIL
5 de abril. Sala Pequena. Actuación Palimoquiños.
 
11 de abril. “Go Home” de Etiqueta Negra Producións. Entradas en entradaslugo.es
 
24 de abril. Concurso Coreográfico Conservatorio de danza.
 
26 de abril. Encontro de Conservatorios de danza.
MAIO
1 de maio. Actuación de David Cepo. Entradas: ataquilla.com
 
8, 9 e 10 de maio. Encontro de danza USC.
 
11 de maio. Sala Pequena. Actuación Hipócrita teatro.
 
16 de maio. Concerto Abraham Cupeiro.
 
22, 23, 24 de maio. Lugo Máxico.
 
30 e 31 de maio. Festival de música Cidade de Lugo.
SETEMBRO
20 de setembro. Actuación Luis Piedrahita.
 

O auditorio Fuxan os Ventos está na rúa Madanela, 27002 Lugo