“Un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza” Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
A quinta edición deste ciclo contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo entre o 11 e o 25 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.
As representacións desta edición son as seguintes:
11 de setembro ás 18:00 – Fráxiles, de Rebulideiras Teatro
17 de setembro ás 20:30 – Un desastre de función, de Gargallada Teatro
18 de setembro ás 18:00 – O Principiño, de Paso de Valverde
25 de setembro ás 18:00 – Lonxe dos teus abrazos
Todas as representacións están destinadas a públicos de todas as idades. As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou no portal entradaslugo.es
A quinta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador está organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura.