Cartel de Curva España, de Chévere no Auditorio Gustavo Freire

«Curva España», do Grupo Chévere,  é a traslación á escena dun deses documentais sobre casos sen resolver (true crime) que inzan as plataformas de contidos audiovisuais tipo Netflix ou HBO. O escenario funciona coma un plató no que se van executando, gravando e editando en directo as distintas secuencias nas que se estutura a historia. Unha historia que dá para falar da España Baleirada, das consecuencias da Lei Mordaza, da unidade nacional ou de como a xente constrúe narrativas alternativas á historia oficial. 

Este novo traballo de Chévere está protagonizado por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, con dramaturxia e dirección de Xron. En escena tamén están Lucía Estévez e Leticia T. Blanco, que se ocupan da gravación e realización de vídeo en directo. Ademais, conta coa participación de Fidel Vázquez (iluminación), Óscar Villán e Iván Suárez (espazo gráfico), Xacobe Martínez Antelo (espazo sonoro), Renata Uzal (vestiario) e Inés Portela (produción).

CURVA ESPAÑA, a historia da curva na que se matou España

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que bebe do xénero policial, ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada e fronteiriza España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva

TEATRO: CURVA ESPAÑA – AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE DE LUGO – DOMINGO 19/01 – 18:30 

ENTRADAS 

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.

PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

+ info

010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350