- Trátase da iniciativa posta en marcha polo Goberno Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, dando a coñecer a actuación de colectivos teatrais lucenses. Este ano xa celebra a 10ª edición e conta cun orzamento de 70.000 euros - García Porto destacou “con esta iniciativa promocionamos o teatro afeccionado da provincia, e dinamizamos cultural, social e economicamente os municipios lucenses, especialmente os do rural” - Serán un total de 109 actuacións en 50 Concellos da provincia que comezan este sábado, 30 de xuño, e rematan o 25 de novembro
Xullo 2018 A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este venres na Praza de San Marcos a programación da 10ª edición do Buxiganga da Deputación.
García Porto explicou que “… participarán 400 actores de teatro afeccionado en 50 Concellos da Provincia, nun total de 109 actuacións. Con esta iniciativa que promove o teatro afeccionado na provincia de Lugo, dende a Deputación cumprimos un dobre obxectivo: promocionar o teatro afeccionado, debido á grande cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos, e dinamizar cultural, social e economicamente os municipios da provincia, especialmente os do rural”.
O Buxiganga está dirixido a municipios e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, que solicitan a celebración de actuacións, e as agrupacións de teatro son as que representan as obras nos Concellos e entidades que o solicitan.
O Buxiganga chegará este ano a 50 localidades da provincia con 109 actuacións, son as seguintes: Alfoz (3 actuacións), Baralla (1 actuación), Barreiros (2 actuacións), Becerreá (2 actuacións), Begonte (2 actuacións), Bóveda (3 actuacións), Burela (2 actuacións), Carballedo (2 actuacións), Castroverde (2 actuacións), Cervo (6 actuacións), O Corgo (2 actuacións), Chantada (2 actuacións), Folgoso do Courel (2 actuacións), Foz (5 actuacións), Friol (2 actuacións), Guitiriz (2 actuacións), Guntín (1 actuación), O Incio (2 actuacións), Láncara (2 actuacións), Lourenzá (2 actuacións), Lugo (1 actuación), Meira (4 actuacións), Monforte (2 actuacións), Muras (2 actuacións), As Nogais (2 actuacións), Outeiro de Rei (1 actuación), Palas de Rei (1 actuación), Pantón (2 actuacións), A Pastoriza (2 actuacións), A Pobra do Brollón (1 actuación), Pol (3 actuacións), A Pontenova (1 actuación), Portomarín (2 actuacións), Quiroga (2 actuacións), Rábade (2 actuacións), Ribas de Sil (2 actuacións), Ribeira de Piquín (1 actuación), Riotorto (2 actuacións), Samos (1 actuación), Sarria (4 actuacións), Sober (1 actuacións), Taboada (4 actuacións), Trabada (2 actuacións), Triacastela (1 actuación), O Valadouro (4 actuacións), O Vicedo (4 actuacións), Vilalba (2 actuacións), Viveiro (3 actuacións), Xermade (1 actuación) e Xove (2 actuacións).
Participarán 40 grupos de teatro da provincia con 400 actores afeccionados
– ALFOZ; Grupo Humorístico Trípode “A panxoliña máis fermosa”
– ANTAS DE ULLA; Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal “A farsa do Bululú”
– BARALLA; A Rabela Teatro “As consultas do Doutor Baldomero Bautista”
– BARREIROS; Colectivo Cultural Ollomao “Enciclopedia Álvarez”
– BURELA; O Torques “Donde as dan as toman”
– CASTRO DE REI; Os Baluros “Menciñeiro á forza”, e Os Trocos “Farsa plautina”
– CERVO; A Mariña “Eres único: teatro contra o bullying”; Ardora “Amor filial”; O Bordelo “Depende”
– CHANTADA; Argalleiras Teatro “Comedia bífida”; Centro Teatral Faro-Miño “Langreira de amor”; Sacarina “Madialeva”
– FOZ; A Adala “ Elixir de xuventude”; A Adala Infantil “Mamasiña que medo!”; Axóuxeres “Non casei con todos”; O Batán “Bicos de vinagre”; O Centiño “Zume de amorodios”; Pico do Castro “Matías está tolo”
– GUITIRIZ; Torta de Millo “Innoveitin… ou algo”
– LUGO; Achádego Teatro “Balas sobre Broadway”; Curuxan “Improdecente”; Grupo de; Teatro Down “Soño dunha noite de verán”; Hipócrita Teatro “Hotel Desencanto”; Nostrum Cai “ROMANI ITE DOMUM”; Nova Escena Teatro “As fillas de Eva”; Os Palimoquiños “Borralliña”; Os Pinchacarneiros “A ola de ouro”; Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde “O parto de Calandrino”, Ti e máis Eu Teatro “A troita do rio…”
– MONFORTE; Grupo de Teatro Afeccionado Monfortino “Os intereses creados”; Teatreir@s ”Cumprimento de contrato”
– MONTERROSO; A Peneda “A cea dos idiotas”; Escola de Teatro Falcatrueiros “As monxas e a María”
– PALAS DE REI; Alentía Teatro “Manancial de fantasía”; Metátese Teatro “O Euromillón”
– POL; Unidade do Zono “Tren a Nápoles”
– PONTENOVA; Lume Escénico “Hotel Rosamar”
– RIBAS DE SIL; Grupo de Teatro Augas do Sil “Un día nas portas do ceo”
– SARRIA; Rebuldeira Teatro “Delicadas”