Os pases terán lugar este xoves 3, venres 4 e sábado 5 de marzo nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas

Logo de tres meses dende a sesión de decembro os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Clube Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://www.woutick.es/evento/12148/entradas-microefectos-dramaturxicos

En cada pase haberá setenta entradas disponibles a vender online e vinte na billeteira.

O grupo, que cumprirá nove anos durante este mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

PEZAS

Viaje al borde de la tierra – Parte 1 Escribe e dirixe: Pepe Saavedra. Interpretan: Raquel López Cendán, Anxo Manoel, Elvira Velasco e María Grandío.

Fiera de serie – El último afilador vivo Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Brais García, Brian Rodríguez, Anxo Manoel, Conchi Madrina e Elvira Velasco.

Helsinki Escribe e dirixe Raquel López Cendán. Interpretan: María Grandío, Anxo Manoel e Raquel López Cendán.

Viaje al borde de la tierra – Parte 2 Escribe e dirixe: Pepe Saavedra. Interpretan: Raquel López Cendán, Anxo Manoel, Conchi Madrina e Brais García.