Das 130 películas, 112 serán gratuítas, sendo de pago só o ciclo infantil, con entradas a 2,50€, Xoias do Ano, a 4€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 5€.
O parque de Frigsa acollerá o Paseo do Cine de Lugo
Presentación da semana de cine de Lugo

Outubro 2019 Do 21 ao 26 de outubro Lugo ten de novo esa cita especial co cinema de autor desde hai 41 anos: a Semana de Cine de Lugo que organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá traerá, nesta edición, 130 películas foron seleccionadas para participar das miles que se presentaron. Hai cinema de calidade e para todolos gustos e edades divididas en 10 ciclos: infantil, xoias do ano, sección oficial, arte de cine, e para comer Lugo, atopa o guión da túa empresa, grandes historias, especial, as curtas tamén son cine e cine galego.

Un dos puntos fortes da Semana de Cine de Lugo é a proxección de películas en distintas sedes da cidade: o Auditorio Municipal Gustavo Freire, O Vello Cárcere, Museo Provincial de Lugo, salón da Deputación Provincial, Biblioteca Provincial e Casa do Saber da Universidade. Agás no Auditorio Gustavo Freire,  nas outras cinco dalas de proxección, a entrada será gratuíta ata completar o aforo (o ciclo infantil, con entradas a 2,50€, Xoias do Ano, a 4€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 5€)

 Ademais, as persoas que acudan ás proxeccións do ciclo Oficial, recibirán cada día unha publicación do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá como agasallo: o luns, un libro adicado ao histórico membro de Fonmiñá, Juan Carballal; o martes, 40 Semanas de Cine en Lugo,  que recompila os programas dos 40 anos de historia da Semana; o Mércores, o libro estará adicado a Rosario Dúrcal, a actriz homenaxeada na edición do 2018; o xoves, 41 semanas, 41 carteis, un recopilatorio en tamaño A4 dos 41 cartaces que anunciaron as Semanas ao longo do tempo; o venres, Antonio Mourelos, o lucense que recibe a homenaxe da Semana nesta 41 edición; para rematar a semana, o venres agasallarase o libro Históricos da Fotografía Lucense, a historia da fusión entre a Agrupación  fotográfica Lucense e o Grupo fotocinematográfico Fonmiñá.

Como novidade deste ano, dentro do parque de frigsa, o tramo de camiño da avenida da Coruña ao auditorio municipal Gustavo Freire, acollerá o Paseo do Cine de Lugo, que conterá placas homenaxeando a figuras de Lugo que foron importantes no mundo do cine. Neste ano, colocaranse as dúas primeiras placas, homenaxeando a Antonio Mourelos e a Prudencia Grifell.

WEB OFICIAL DA SEMANA DE CINE DE LUGO