pelis-codex-cinema-15-febrero

High Life

Claire Denis é unha das grandes cineastas francesas dos últimos vinte anos. Filmes maxistrais como L’intrus ou 35 Rhums foron mundialmente recoñecidos pola súa calidade, destacando a
singularidade como artista desta directora francesa.

Trala visión desencantada da sexualidade dunha muller madura en crise que foi Un sol interior, agora chega High Life, unha fascinante odisea de ciencia ficción que renuncia á  espectacularidade máis superficial para filmar os conflitos máis profundos dunha sociedade futura, na liña de Solaris de Andrei Tarkovsky.

O filme conta coas actuacións de Juliette Binoche e un sorprendente Robert Pattinson.

HIGH LIFE

Cambio de raíñas

Cambio de raíñas é un filme de cámara sobre as peripecias da corte de Felipe de Orleáns e as súas políticas matrimoniais para casar as súas fillas cos reis de Francia e España, e así acabar coas disputas destes dous países. Así, o drama lévanos á Europa do século XVIII con gran
atención ao detalle e sen esquecer o humor e a representación da vida diletante das cortes europeas desa época

O filme está dirixido por Marc Dugain, famoso novelista galo, especialista en biografía histórica, mais que tamén ten unha recoñecida carreira como cineasta. No reparto encontramos a veteranos intérpretes franceses como Lambert Wilson (presente en Codex Cinema en A clase de
piano) facendo de Felipe V e Olivier Gourmet (habitual dos irmáns Dardenne) na pel de Felipe de
Orleáns.

cambio-reinas

LA CLASE DE PIANO

2018- Francia – 106 min
Dirección: Ludovic Bernard
Reparto: Jules Benchetrit, Lambert Wilson, Kristin Scott Thomas, Karidja Touré, André Marcon, Michel Jonasz, Elsa Lepoivre, Vanessa David, Samen Télesphore Teunou, Xavier Guelfi

SOFÍA

2018 – Marrocos – 79 min.
Dirección e guión: Meryem Benm’Barek

Un filme que fala de forma combativa e sen complexos sobre unha moza que resiste ante unha sociedade fanática e represiva que lle quere impor como ten que vivir o amor, a maternidade.

Premios
2018: Festival de Cannes: Un Certain Regard – Mellor guión

sofia-pelicula

TRINTA LUMES

2017 – España – 80 min – DocumentalTrinta Lumes
Dirección: Diana Toucedo

Alba ten doce anos e desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Co seu mellor amigo Samuel entran en casas abandonadas, percorren aldeas destruídas e adéntranse no interior dunhas montañas que esconden outro mundo paralelo.
Una viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte.

Rodada na Serra do Courel. Contaremos coa presenza da cineasta e da equipa do filme, que por vontade deles mesmos quixeron estar cos espectadores lucenses o mesmo día da estrea oficial en toda España. Será o venres día 8 de febreiro que os responsables do filme estarán connosco, nos pases das 20:00 e das 22:15, para introducir o filme e intercambiar opinións cos espectadores.

Awards
Talents premio de la crítica – D’A Barcelona
Mejor largometraje del jurado – Primavera do cine de Vigo
Mejor largometraje Días de Cine – Filmadrid
Mejor fotografía – Festival Cinespaña de Toulouse, Francia
Iberoamerican Fénix Awards – Best cinematoprapher nominee
Mención especial del jurado – Festival Rizoma
Premio del jurado joven – Festival REC Tarragona
Premio del público – Novos Cinemas Festival Internacional de Pontevedra
Premios Gaudí – Nominada a la mejor película documental
Premios Feroz – Nominada a la mejor película documental

trinta-lumes