Esta convocatoria ten como principal obxectivo detectar e difundir o talento dos cineastas emerxentes, poñendo especial énfase no cinema de carácter autoral e a regulación dos Premios a películas:
Deberán haber sido producidas nos anos 2023, 2024 e 2025. Non poderán haberse exhibido nin editado comercialmente en España en salas públicas (excepto en Festivais), televisión, VoD ou Webs antes do 22 de setembro de 2025 (o Xurado Seleccionador será estrito neste sentido).
Terán unha ESPECIAL PREFERENCIA aquelas películas que traten os xéneros e temas seguintes:
Cinema internacional.
Cinema Galego.
Cinema Español.
Cinema Español Inédito.
Camiños de Santiago.
Cinema e Fotografía.
Cinema e Radio.
O cinema dentro do cinema.
Cinema de animación (longametraxes e
e curtametraxes).
Cinema e gastronomía.
INSCRICIÓN TRADICIONAL: Poderase inscribir a película solicitándoo sempre a: secilug@gmail.com
O prazo de inscrición neste caso pecharase o 5 de maio de 2025 ás 14:00 horas (hora local de Lugo).
47ª Semana de Cine de Lugo (España), organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, terá lugar en Lugo (España), do 22 ao 27 de setembro de 2025.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte