Qué Lugo queres? ata o día 25 de febreiro, todas aquelas persoas e colectivos poden enviar un vídeo a ADEGA no que expoñan as suas inquedanzas e sensibilidades, dando a coñecer a cidade na que desexan vivir dun xeito crítico e creativo.
O traballo terá unha duración máxima de 3 min, e será de inédito e de autoría propia. No caso de contar con música, a persoa ou colectivo participante deberá acreditar a autoría ou a propiedade dos dereitos dela.
Na cabeceira farase referencia ao certame «A cidade que eu quero» promovido por ADEGA.
Os traballos enviaránse a través da folla de inscripción cuberta cos datos da persoa ou colectivo participante e con unha ligazón privada para a súa visualización en liña.
A data límite para enviar os traballos é o 25 de febreiro.
Premios
As gañadoras do certame coñeceranse o día 18 de marzo.
Valorarase o espírito crítico en termos de sustentabilidade (ecofeminista), a comunicación e corrección no idioma (galego) e a linguaxe audiovisual.
O xurado estará formado por membros da delegación de ADEGA Lugo, Iago de Sant creador de MicroSoños e Ángeles Castro Dapena, arquitecta e urbanista.
Os premios recolleranse en Lugo.
PREMIO Margaritifera margaritifera para menores de 18 anos
Sesión co mago Antón en Lugo e unha cesta de produtos ecolóxicos do Mercado da Terra
PREMIO Lutra lutra para maiores de 18 anos
Cuota de socia de ADEGA por un ano e unha cesta de produtos ecolóxicos do Mercado da Terra
2 PREMIOS Accésit Lucanus cervus
Lote de libros e camisolas de ADEGA