O presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, presentou xunta á concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, a deputada de Cultura, Iria Castro, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a directora da UNED Lugo Ana Traseira e Manuel Curiel, coordinador da iniciativa, a programación deste evento que enche Lugo do mellor cine.
A carteleira inclúe 147 películas organizada en varios ciclos: Infantil, O mellor do ano, Sección oficial, Cine Documental, Homenaxes, Cine español inédito, Cine galego, As curtas tamén son cine e Cine galego curtas.
O ciclo Cine galego inclúe unha selección de nove títulos que se proxectarán na edificio da Xunta os días 24, 25, 26 e 27 de setembro: Os valores no camiño, As tres outras vidas de María S., Pico Sacro, Claustrofobia, Florencio, o cego dos Vilares, Pretérito imperfecto, Aurora, Menos a morte e O Courel: terra dura, terra brava.
O programa da Semana de Cine inclúe tamén homenaxes á actriz lucense Melania Cruz e a Ánxel Fole, entre outros, así como a proxección de películas en Aspnais e en centros penitenciarios dentro do ciclo especial Deixade que o cine…
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo: www.vivalugo.es
17,00 – Biblioteca Provincial: Inauguración da exposición de carteis de Cine Cubano de Eduardo Muñoz. (23/9 a 12/10/24)
19,00 – Paseo do Cine: Descubrimento da placa homenaxe a Baños Films
20,00 – Salón Deputación: Presentación do libro homenaxe a Baños Films.
22,00 – Auditorio Gustavo Freire: Inauguración da Semana con “ A maxia da música”, coa actuación da Banda Sons e Soños, dirixida por Armando Morales e do mago David Méndez. Primeira proxección da sección oficial.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo: www.vivalugo.es
18,00. Xunta de Galicia. Presentación da película “Os valores no Camiño”.
20,00 – Deputación Provincial: Homenaxe a Aspnais. Intrerveñen J. Reigosa e Xulio Xiz. Proxección de “La naturaleza de lo extraordinario” (Ligia Pájaro, Vicente Navarro).70 min. A Escola do Pensamento Libre é un proxecto de filosofía para a discapacidade intelectual nun ágora en que todo o mundo, independentemente da súa capacidade, é benvido. O extraordinario inscríbese poeticamente no ordinario nunha utopía posible.
17,30 : Deputación Provincial. Proxección de “Heroes olvidados” (Juan Manuel Plaza Pascual). 90 minutos. España, 2023. Produción independente baseada en testemuños e reflexións de traballadores sanitarios sobre o vivido e sufrido durante a Crise Sanitaria do Covid-19 no Estado español e na fase de “postpandemia”.
19,30: Falemos do Covid. Que pasou na pandemia?. Modera Xulio Xiz. Interveñen: Lourdes Bermello López (Enfermeira de Hospitalización no Hula; Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo), Isidoro Rodríguez Pérez (E.U.E de Lugo, Académico da Academia de Enfermaría de Galicia) Manuel Bernardino Pardo Teijeiro, Manu (Médico de atención primaria), Sagrario Fernández Méndez, Marisé, (Traballadora social) e Mercedes Castro Bal (Psicóloga especialista en psicología clínica).
20,00: Deputación Provincial. Proxección da longametraxe “Dolor impune” (Gabriel Chicano).95 min. España, 2023. Catro rapaces – Ilan, Laura, Óscar e Kira – tomaron a tráxica decisión de quitarse a vida, presuntamente a raíz do acoso e abuso que experimentaron na escola. A segunda metade da película centrase na loita dos pais de Kira durante o último ano. Esta viaxe sen retorno está repleto de obstáculos, noticias esperanzadoras e desafíos que os levarán ate o Congreso dos Deputados.
21,35.- Falemos de “Suicidio”. Modera: Xulio Xiz. Interveñen: Fernando Truque (Director de Alar Galicia), Elena Fernández (Psiquiatra.
Responsable MIR psiquiatría, Sergas Lugo) e Miriam Vázquez Campo (enfermeira, psicóloga, membro da Academia de Enfermaría).
20,00. Deputación Provincial. Homenaxe ao fotógrafo Bernardino Barreiro Proxección de “O Rizo”, Galicia, 2023. 7 min. Dtor: Xoán Bregua. Xosé Manuel Arias, o «O Rizo» foi fotógrafo «de rúa» que viviu en Ourense a mediados do s. XX. O fotógrafo orixinario de Castro Caldelas narra a través dunha voz omnisciente como foi o seu labor e a vida. A voz narradora, que adquire a personalidade de «O Rizo», acompáñanos explicando a súa vida e obra, así como os costumes da época, visibles en cada imaxe que tomou.
20,20, aprox.: Deputación Provincial. Homenaxe “Ánxel Fole e o cine”. Presentacion libro: Anxel Fole e o cine (C. Rodriguez Fer). Interveñen: Claudio Rodriguez Fer, Enrique R. Baixeras, Manolo Curiel e Xulio Xiz.
Proxección de “O cadaleito”. Galicia, 1976-30 minutos.-Director: Enrique R. Baixeras. Inspirado no conto «A caixa de morto», de Anxel Fole, trátase dun relato case naturalista que refire como uns ladróns pretenden valerse dun cómplice escondido nun cadaleito para entrar nun pazo, pero este é descuberto polo administrador.
18,30: Paseo do cine. Descubrimento das placas de Melania Cruz e Ánxel Fole. Intervirán Melania Cruz e Claudio Rodríguez Fer.
20,00: Deputación Provincial. Homenaxe a Melania Cruz. Intervirán: Melania Cruz, Alfonso Zarauza, Manuel Curiel e Xulio Xiz. Proxección de “Pontevedra hora cero”. Galicia, 2023. 36 min. Dtor: Alfonso Zarauza. Un director de cinema quere rodar un documental sobre a milagre urbanística de Pontevedra pero en plena rodaxe decátase de que coñece pouco a cidade e de que o tema non o motiva. Entra en crise creativa e quere rodar unha ficción. Contacta coas súas actrices habituais e logra sacar adiante o proxecto.
22,30.- Auditorio. Proxección de “Vestida de blanco”, última das películas da sección oficial, presentada pola súa directora, a mexicana Noelia Roel.
17,00: Auditorio. Gala de clausura: Entrega de premios do Certame de escaparatismo; Homenaxe aos ex presidentes de Fonmiñá; Anuncio do Palmarés da Semana de Cine e Proxección das películas premiadas.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte