O cinema inmersivo lucense – Camiño Inmersivo – acaba de lanzar unha campaña de crowdfunding en Goteo para construir unha máquina do tempo e seguir así coa súa innovadora proposta que combina cinema, teatro, recreación histórica e aventura.

Para vivir unha experiencia inmersiva é necesario entrar por unha máquina do tempo e de ahí que precisen o noso apoio para construila. Os participantes entran na máquina do tempo e e convertense en participantes da historia dun viaxe no tempo:

Nun futuro lontano hai uhna enfermidade que fai que olvides o pasado: o Esquecemento Branco. Samsara é unha viaxeira do tempo, das poucas que aínda recorda, que se dedica a viaxar a lugares do pasado para documentar momentos da historia dos que non hai rexistro. A súa próxima viaxe é o noso presente. Infíltrase nunha comunidade científica do 2020 e fai de patrocinador na sombra da construcción dunha simulación de máquina do tempo xa que precisa activos para resolver un acontecemento vinculado co primeiro peregrino: o rei Alfonso II.

As misións de O Camiño Inmersivo realízanse en diversos puntos da xeografía galega, alí por onde pasa o Camiño de Santiago.