O xurado da sexta edición do maratón audiovisual ‘Findecurta’, programa ideado para contribuír á promoción do audiovisual galego e ao impulso de novos creadores en lingua galega promovido polo Lugo Cultural, premiou a curtametraxe ‘Sharp’, do equipo de rodaxe DeuxExMachina, mentres que as preto de cen persoas que asistiron á gala de entrega de premios outorgaron ou seu galardón á produción ‘E se non é COVID’, de Gabrieles Enteléticos. O xurado, formado pola actriz galega María Vázquez e o crítico decine Jon Leceta, acordou conceder un accésit á curta ‘Chiróptera’, do grupo As Congas.
O equipo gañador do premio do xurado recibiu unha gratificación en metálico de 500 euros, ademais de participar na próxima edición da Semana Internacional de Cine de Autor onde etirá polo competirá polo premio á Mellor Curtametraxe galega xunto coa curta que recibiu o galardón do público dunha edición do Findecurta dedicada ao xénero do terror.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte