Novembro 2019 Semana forte nos Codex Cinema con moitas novidades:
O mércores 06/11, primeiros pases dobrados ao castelán de PARÁSITOS, Palma de Ouro no festival de Cannes; e SORRY WE MISSED YOU de Ken Loach
O xoves, pase especial de LA DEFENSA, POR LA LIBERTAD, unha homenaxe a todos aqueles que loitaron polos dereitos e pola democracia en España.
Xa na finde, para «celebrar» o concerto de Zahara o sábado 09/11 na Tebras: ciclo especial con dous documentais musicais, o mítico AMAZING GRACE, de Sydney Pollack, sobre Aretha Franklin; e A DOG CALLED MONEY, arredor do compromiso artístico de PJ HARVEY.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte