Jorge e Pepe Coira presentan «Beiras Vivir2Veces» nos Codex o sábado 5 de febreiro ás 20:45

Este próximo sábado 05/02 ás 20:45 nos Codex Cinema presentación de «Beiras. Vivir2Veces«, o documental dirixido por Gaspar Broullón e Pepe e Jorge Coira sobre Xosé Manuel Beiras, unha das figuras políticas más importantes da historia da democracia en Galicia, así como un dos políticos que xerou máis división de opinións e polémicas.

Esta obra confórmase como unha larga conversa entre Beiras e os directores, así como con outros convidados, onde o histórico político nacionalista repasa un percorrido vital de oito décadas, desde o seu lado máis íntimo ata a súa traxectoria política: medio século que cobre os cambios que se produciron en Galicia desde os últimos anos da ditadura.

O sábado 5 de febreiro ás 20:45, Jorge e Pepe Coira, estarán nos Codex para presentar a proxección do filme. Con máis de 25 anos de carreira como cineasta, o lucense Jorge Coira se cadra está no seu mellor momento profesional. Ademais de Beiras.Vivir2Veces, o cineasta triunfa coa segunda tempada da súa serie para Movistar, Hierro, e ten listas xa tanto unha nova serie, Rapa, como un filme protagonizado por Luis Tosar, Código emperador. 

O seu gran éxito comercial vai da man coa creación da produtora Ollo Vivo, xunto ao seu irmán Pepe Coira e Gaspar Broullón, que xa presentaron en Codex Eroski Paraíso. A súa nova creación, Beiras.Vivir2Veces chega esta fin de semana con pases exclusivos o sábado e o domingo.

 

Cines en Lugo – Carteleira