Logo de ‘Benvidas ao club’, que en 2019 recibiu a Biznaga de prata «Afirmando los derechos de las mujeres», a lucense Carmen PG Granxeiro volve participar no Festival de Málaga, entre o 14 e o 16 de marzo, con ‘Nun tempo de horta’ na sección oficial cinema cocina.

Nun tempo de horta

Os derradeiros anos veñen marcados a nivel global por unha pandemia… e a nivel persoal por unha horta. Cando saír de casa non era o aconsellable, as
sementes convertéronse no imperativo. E así medrou, máis e mellor, a horta arredor da cal xiraban as vidas na casa das nosas protagonistas. Amaia e Carmen son, xunto ás súas mascotas, personaxes desta historia protagonizada polo mundo vexetal.

Carmen PG Granxeiro

Carmen PG Granxeiro traballa en torno á creación e a principios deste ano dase a coñecer como a gañadora do II Premio Pinto e Maragota ca novela «Estranxeiras», que será editada ao longo do ano por Xerais.

No documental destacan pezas como o seu Atenas. Meeting point, que xira en torno ao movemento cidadán organizado en Atenas con respecto á crise das persoas refuxiadas, Benvidas ao club, premiado no Festival de Málaga e que se adentra na trata con fins de explotación sexual, Un día Normal estreado no The 7th Art Festival de Miami a finais de 2019 e parte da selección oficial do Festival de documental Alcances de Cádiz, ou Persoas S.A., proxectado en numerosos encontros LGBTIQ e en festivais como o OUFF de Ourense. 

No campo da ficción audiovisual destacan a curta La imagen del secreto, rodada en 16mm, ou 20.30 hrs premiada no Hummus Fest de La Casa Encendida de Madrid como mellor curta fantástica en 2016. Na videocreación, Etiquétame é finalista en 2014 ao Premio Nacional de Videoarte de Canal+.

Traballa con artistas plásticos en Berlín e participa de experiencias colectivas creativas na The Art House de Nova Orleáns. Da fotografía e o vídeo xurden participacións en exposicións colectivas, como a Plastika17 na Sala Apóstrophe de Vigo ou Fotogramas na Galería Etimoe de A Coruña.

Experimenta tamén co deseño gráfico e a ilustración, técnica ca que estrea no 2020 a colección Láminas de Mujeres Memorables, e mestura soportes en exposicións multidisciplinares como a de Mentireira, inaugurada na extinta Galería Isköo de Lugo.