Setembro 2019 A produtora lucense Microsoños en colaboración con outros profesionais da cultura e a innovación acaba de poñer en marcha «O Camiño Inmersivo», un proxecto cultural baseado no I+D do concepto inmersión, unha nova disciplina artística que converte aos observadores en personaxes dentro dunha historia guionizada, que ten a capacidade de mutar en función das reaccións e perfís dos participantes. Estas experiencias inmersivas están concebidas para ser gravadas, e obter un produto audiovisual de calidade cinematográfica.
O Camiño Inmersivo presenta 6 inmersións ao longo da xeografía galega (a primeira xa tivo lugar en Verín), visibilizando as rutas xacobeas menos coñecidas e distintas realidades no marco da Galicia máxica. Tomando o Camiño de Santiago ao longo dos séculos como fío condutor, as participantes terán a posibilidade real de viaxar no tempo a través das historias que se foron labrando no imaxinario dun pobo.
Enmarcada dentro das actividades vencelladas á promoción do vindeiro Xacobeo 2021, os participantes serán absorbidos como personaxes dunha historia que estará guiada por actores profesionais. Non se poden desvelar os detalles, pero si que coñecerán a un científico tolo, a peregrinos de todas as épocas e incluso ao mesmísimo Alfonso II. Todo está suxeito á improvisación e calquera pode ser artífice de moitos cambios.
O Camiño Inmersivo
Cada inmersión desglósase en catro partes que se desenvolven en orde cronolóxica. Cada unha delas, desenvólvese nun espazo distinto, ofrencendo variantes únicas para o posicionamento de marcas e produtos.
1. Aparece a máquina do tempo: Os medios fanse eco de que en Galicia acaba de aparecer un misterioso artefacto. Cando se acheguen ata ela, a viaxeira do tempo explicaralles o motivo da súa presenza.
2. Cabina de contexto: Situada no casco urbano da vila, próxima a un albergue. Serve para coñecer a inmersión e as súas fases. Duración: 40 min
3. Porta máxica: Situada nun punto do camiño. Permite vivir unha pequena inmersión, ambientada e guiada, duns 40 minutos.
4. Portal do tempo: Situada nun lugar segredo ao que os participantes son levados previa inscrición. Trátase da GRAN INMERSIÓN, guionizada e dunha duración de 1 hora e 30 minutos..
5. Festa e proxección: Proxección do filme inmersivo nun ambiente relaxado e festivo, no que haberá espazo para actividades complementarias, comida e bebida
Próximas datas:
15 de setembro, Santiago – Festa inmersiva: proxección da película inmersiva filmada en Verín
28 de setembro – Segunda inmersión en A Rúa
Equipo
IAGO DE SANT – DIRECCIÓN
TERESA D. LENZA – XESTIÓN E PRODUCIÓN
SUSO LÓPEZ – XEFATURA DE PRODUCIÓN
BRIAN RODRÍGUEZ – GUIÓN
VANE RIVAS – DIRECCIÓN DE ARTE
IAGO EIREOS – ARTISTA PLÁSTICO E ARTE
PABLO FERNÁNDEZ – AUXILIAR DE PRODUCIÓN E ARTE
XULIO DÍAZ ANLLO – ASISTENCIA Á DIRECCIÓN E CREACIÓN
PAULA CERMEÑO – COMUNICACIÓN
ANDRÉS HAENSEL – DESEÑO GRÁFICO
MARIO FERNÁNDEZ, HENRIQUE LAMAS – CÁMARA E MONTAXE
ELENCO:
MANUELA VARELA, ANTÓN GARCÍA, SABELA GARCÍA, ROCÍO SOUTO, LUCÍA ANIDO, XULIO DÍAZ, IAGO DE SANT