Unha das películas de estrea esta semana do 21/02 nos Codex Cinema mostra un dos grandes problemas do mundo moderno: as dificultades para desentrañar as causas e as motivacións do acoso escolar.
A facilidade coa que a personalidade dun neno queda completamente reducido debido á marxinación, as burlas, aparentemente inocentes, do resto dos seus compañeiros.
Un pequeno mundo fala tamén da incomunicación, da dificultade para expresar os medos e as debilidades tanto dos nenos como dos adultos.
A directora, Laura Wandel, segue de maneira obsesiva o punto de vista dos dous nenos protagonistas, a pequena Nora, testemuña das burlas e as pequenas violencias das que é vítima o seu irmán, sen que os profesores nin os seus pais sexan conscientes.
O filme fala das escolas, pero tamén do fogar, como forma de perpetuar os tópicos sobre os nenos e nenas, e a forma de solucionar as dificultades.
Un traballo exemplar e didáctico que foi enormemente recoñecido polo seu valor pedagóxico e que se estrea este venres en Codex
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte