Primeiro Festival Cinema Mulleres - FILMU - de Lugo

Dentro da programación dos actos organizados con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller atopamos o primeiro Festiva Cinema Mulleres – FILMU – que se vai a celebrar en Lugo do 25 ao 29 de novembro nos cines Códex organizado por Nomenklaturas 

No FILMU teremos a oportunidade de ver películas feitas por mulleres e se realizarán charlas con cineastas invitadas, se presentará un Decálogo de como ver cinema en igualdade e se concederán os premios NOVA ONDA ás películas que, por su calidade e pola súa visión, fan unha mellor representación da muller e as súas situacións.

As inscricións permanecerán abertas dende este venres a través do espazo habilitado na páxina web do Concello www.concellodelugo.gal ou en www.filmu.es . Para participar será necesario completar o formulario cos datos do interesado/a. As prazas cubriranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. En caso de que as autoridades sanitarias non permitan levar a cabo as actividades de maneira presencias realizaranse na modalidade online.

Programa do Festival Cinema Mulleres - FILMU - de Lugo