Programa da 42 Semana de Cine de Lugo

Presentouse no Pazo de San Marcos a 42 edición da Semana de Cine de Lugo, que se celebrará do 23 ao 28 de novembro. A mostra, organizada polo Grupo Cinematográfico Fonmiña e dirixida por Manuel Curiel, inclúe a proxección de 119 filmes en distintos espazos culturais da cidade: Auditorio Municipal
Gustavo Freire, Vicerreitorado, Pazo de San Marcos, Vello Cárcere  e Biblioteca Provincial. 

A entrada ás proxeccións será de balde, até completar a capacidade das salas, limitada a 30 persoas, dacordo coa normativa sanitaria vixente.

Como novidade, e para compensar as limitacións de capacidade impostas pola pandemia, a Semana de Cine de Lugo achegará as proxeccións á sede de Apsnais. O festival sairá de Lugo para ofrecer tamén sesións de cine nas prisións de Bonxe, Monterroso e Teixeiro, unha iniciativa para a que contan coa colaboración da asociación Concepción Arenal e de Institucións Penitenciarias Tamén se farán proxeccións nas prisións de Bonxe, Monterroso

Homenaxes a Luis Tosar, Benedicta Sánchez e Carmen Correa

No capítulo de recoñecementos a lucenses do mundo do cine, a Semana de Cine de Lugo incluirá dous actos de homenaxe, ao actor Luis Tosar -o día 27, no Pazo de San Marcos-, e a actriz Benedicta Sánchez – o día 28, tamén na sede da Deputación – nos que se proxectarán “Quen a ferro mata” e “O que arde”

Ademais, ampliarase o Paseo do Cine, unha iniciativa que se puxo en marcha o ano pasado, con dúas novas placas en homenaxe ao propio Luis Tosar e a Carmen Correa, actriz nada no Queirogal, en Baleira, e que participou no elenco e produción de máis dunha vintena de filmes nos anos 50 e 60.

Exposición na biblioteca provincial

Do 23 ao 28 de novembro, a Biblioteca Provincial acollerá unha exposición con todas as edicións dos libros da colección Semana do Cine de Lugo, que inclúe unha vintena de publicación, entre elas, as dúas editadas este ano: “Luis Tosar. O descoñecido máis coñecido”, de Manuel Curiel, e “Orixes e consolidación da fotografía en Lugo”, asinado por de Eduardo Ochoa.

PROGRAMA SEMANA DE CINE DE LUGO 2020