Outubro 2019 A organización da  Semana de Cine de Lugo (o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá ) ven de publicar e distribuir 34.000 exemplares dun xornal coa programación completa desta 41 edición que como informamos no anterior artigo, traerá a Lugo 130 películas en 10 ciclos do 21 ao 26 de outubro: infantil, xoias do ano, sección oficial, arte de cine, e para comer Lugo, atopa o guión da túa empresa, grandes historias, especial, as curtas tamén son cine e cine galego.

Aproveitamos ese xornal físico para pasalo a dixital e así compartir o programa da Semana de Cine.

Entrada será gratuíta ata completar o aforo excepto no ciclo infantil, con entradas a 2,50€, Xoias do Ano, a 4€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 5€

 WEB OFICIAL DA SEMANA DE CINE DE LUGO