O Club Cultural Valle-Inclán organiza unha semana de cine, con directoras galegas e portuguesas, baixo o título “Mulleres Atlánticas”, que se celebrará entre o día 2 e o 12 de marzo en O Vello Cárcere, ao abeiro do Día da Muller e dentro da programación de “LUGO, Capital da cultura. Eixo Atlántico 2023”.  

A directora Chelo Loureiro, nominada nove veces aos premios Goya, e tres premiada, ofrecerá una conferencia sobre o ‘Século XXI, o século das cineastas’.

O acceso será libre e gratuíto ata completar o aforo. 

PROGRAMA
2 de marzo, 20:00h: conferencia “XXl, o século das cineastas”, de Chelo Loureiro. Presentará Pilar Martínez Conde -Pilocha-. 

Especializada na xestión de empresas con actividades relacionadas coas Industrias Culturais, no ano 2007 funda a súa propia produtora, ABANO PRODUCIÓNS. Membro da Xunta Directiva de CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas), da Academia da Artes e das Ciencias Cinematográficas de España e da Academia Galega do Audiovisual.

Produtora e directora, por Valentina acadou o Premio Goya á Mellor Película de Animación 2022.

6 de marzo, 20:00h: A illa das mentiras, de Paula Cons. (Galicia). 

Ano: 2020 Duración: 93 min. País: España
Dirección: Paula Cons
Guión: Paula Cons, Luís Marías
Fotografía: Aitor Mantxola
Reparto: Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti, Vitoria Teijeiro, Ana Oca, María Costas, Milo Taboada, Celso Bugallo, Machi Salgado, Mela Casal.
Compañías: Coprodución España-Arxentina-Portugal; 
Xénero: Drama. Intriga. Thriller | Baseado en feitos reais. Anos 20. Catástrofes

Sinopse: Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino Buenos Aires e 260 persoas a bordo, afúndese fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa, tres mulleres insulares, María (Nerea Barros), Josefa (Vitoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán moi caro. Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio.Pero aos poucos comproba que esa noite sucederon demasiadas terribles «casualidades» na illa. Son moitas as incógnitas que hai que resolver.

7 de marzo, 20:00h: Capitães de abril, de Maria de Medeiros. (Portugal). 

Ano: 2000 Duración: 123 min. País: Portugal
Dirección: María de Medeiros
Guión: Ève Deboise, María de Medeiros
Música: Antonio Vitorino D’Almeida
Fotografía: Michel Abramowicz
Reparto: Stefano Accorsi, María de Medeiros, Joaquim de Almeida, Frédéric Pierrot, Fele Martínez, Manuel João Vieira, Marcantonio Do Carlo, Emmanuel Salinger, Rita Durão, Manuel Manquiña.
Xénero: Drama | Histórico. Exército

Sinopse: Na noite do 24 ao 25 de abril de 1974, suboficiais do exército portugués inician unha sublevación contra a ditadura de Oliveira Salazar. A
súa xesta pasará á historia como «a revolución dos caraveis». A película recrea a historia do capitán Salgueiro Maia, un dos protagonistas do levantamento militar.

9 de marzo, 20:00h: A vingança de uma muller, de Rita Acevedo Gomes.  (Portugal) 

Ano: 2012 Duración: 104 min. País: Portugal
Dirección: Rita Azevedo Gomes
Guión: Rita Azevedo Gomes. Novela: Jules-Amédée Barbey d’Aurevilly
Fotografía: Acácio de Almeida
Reparto: Rita Durão, Fernando Rodrigues, Hugo Tourita, Duarte Martins, Francisco Nascimento, Isabel Ruth
Xénero: Drama

Sinopse: Adaptación libre e cinematográfica dun dos contos máis famosos do francés Barbey d ́Aurevilly (1808-1889), incluído no libro Lles Diaboliques. Roberto é un deses homes para os que a simulación é toda unha arte. Para uns, trátase dun cabaleiro refinado; para outros un libertino. En calquera caso, Roberto é un home sumido no máis profundo dos aburrimentos, xa que esgotou e satisfixo todos os praceres da vida. Ata que coñece a unha cortesá que lle introduce nunha historia de amor verdadeiro, pero tamén de pasados imperfectos.

10 de marzo, 18.00h: Valentina, de Chelo Loureiro. (Galicia). 

Ano: 2021 Duración: 70 min. País: España
Dirección: Chelo Loureiro
Guión: Lúa Testa, Chelo Loureiro
Música: Nani García
Fotografía: Animación
Reparto: Animación
Compañías: Abano Producions, Antaruxa, O Gatoverde Producións
Xénero: Animación. Musical. Infantil | Discapacidade. Síndrome de Down

Sinopse: Valentina soña con ser trapecista e cre que por ser Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que, se as orugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. E que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda á súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra.

Premios
2022: Premios Platino: Nomeada a mellor película de animación. 2022: Premios Quirino: Nomeada a mellor longametraxe. 2021: Premios Goya: Mellor película de animación.

11 de marzo, 20:00: A Metamorfose dos Pássaros, de Catarina Vasconcelos (Portugal) 

Ano: 2020 Duración: 101 min. País: Portugal
Dirección: Catarina Vasconcelos
Guión: Catarina Vasconcelos
Música: Madalena Palmeirim
Fotografía: Paulo Menezes
Reparto: Documental, Intervencións de: Manuel Rosa, João Móra, Ana Vasconcelos, Henrique Vasconcelos, Inês Campos, Catarina Vasconcelos
Xénero: Documental | Biográfico. Cinema experimental

Sinopse: Beatriz e Henrique coñécense, namóranse e casan cando ela ten 21 anos. Henrique é un oficial da mariña e embárcase no mar durante unha
tempada. Beatriz queda a cargo dos seus seis fillos en casa. Un día morre de forma totalmente inesperada. O seu fillo maior é Jacinto, que desde a infancia soñou con converterse nun paxaro. Jacinto é o pai da directora Catarina Vasconcelos, cuxa nai tamén faleceu cando ela tiña 17 anos. Tras a súa morte, Catarina empezou a traballar nun proxecto chamado «A metamorfose dos paxaros».

Premios
2022: Premios Macondo: Nomeade a mellor película iberoamericana

12 de marzo, 20:00h: Tralas luces, de Sandra Sánchez. (Galicia). 

Ano: 2011 Duración: 112 min. País: España
Dirección: Sandra Sánchez
Guión: Sandra Sánchez
Fotografía: Sandra Sánchez
Reparto: Documental
Compañías: Tic Tac Producións
Xénero: Documental
Sinopse: Segue a vida nómade de Lourdes, quen en compañía da súa familia percorre as feiras do norte de España coa súa pista de autos de choque. Hai anos, a pista era o seu gran soño. Metéronse en gastos e fundaron unha familia, pero os soños teñen vida propia. Lourdes afógase as súas esperanzas e ninguén parece darse conta. A través de estradas, vilas e aldeas, descubriremos un mundo en perigo de extinción, unha vida itinerante e, sobre todo, unha gran historia de amor e de perda.

Premios:
2011: Premios Mestre Mateo: Mellor dirección, Mellor montaxe Preestrea en España: Festival de Cinema de San Sebastián (setembro de 2011)

Toda a información sobre esta cita, así como do resto da programación de Lugo Capital da Cultura, pode consultarse en www.lugocapitaldacultura.com