Un cartel de Santy Gutiérrez anunciará a Semana de Cine de Lugo 2024
Un cartel de Santy Gutiérrez, anunciará a XLVI SEMANA DE CINE DE LUGO, por encargo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, entidade organizadora deste evento anual.
Santy Gutiérrez, vigués, que estudou en Santiago e reside en A Coruña, leva máis de trinta anos como creador gráfico de libros, carteis, humor, caricaturas,
publicidade ou cómic.
Ten publicadas obras en Demo Editorial, Oed Publishing, Trifolium, Bruño e Edicións Xerais de Galicia, e acadados os premios Joven y Brillante de Humor
Gráfico, Premio da Bienal de Caricatura de Ourense ou Premio Albaredo de Xornalismo.
Todos os días publica no xornal El Progreso unha viñeta de humor cun trasfondo político e social que a converte nun editorial gráfico de gran fondura e impacto.
O cartel da Semana de Cine comezará a ser distribuído nos próximos días na capital lucense, e a continuación en toda Galicia.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte