
Sábado, 6 de decembro de 2025 18:30 hs. e 20:30 hs.
Lugar: MIHL [Museo Interactivo da Historia de Lugo]
Idade recomendada: A partir dos 13 anos
De MBow LTD (Hong Kong S.A.R.) coa participación de Fronte Vacuo
Resultado de dous anos de traballo entre Hong Kong, Australia e Europa, 7O∆R reúne unha constelación internacional de artistas multimedia que colaboran a través de procesos híbridos de investigación e performance, examinando a relación entre humanos, máquinas e ruído como materia prima da percepción contemporánea.
7O∆R forma parte da serie internacional MetaMaps, un programa de investigación e creación dirixido por Roberto Alonso Trillo e Peter A. C. Nelson.
O proxecto xorde da práctica do mapeo multimodal, a tradución de datos entre disciplinas performativas, e funciona como un laboratorio de intercambio entre artistas e tecnoloxías.
A través do concepto central de apofenia, a tendencia humana a identificar patróns e conexións en información aleatoria ou caótica, mesmo cando non existen relacións reais. 7O∆R explora as relacións entre ruído, sinal, percepción, linguaxe e intelixencia artificial, investigando como estes sistemas se entrelazan na creación de sentido e na aparición de friccións apofénicas como forma de coñecemento.
A obra propón unha reflexión sobre a necesidade de atopar significado en sistemas opacos e sobre o papel da interpretación como mecanismo de supervivencia cognitiva.
Equipo:
Dirección Artística: Roberto Alonso Trillo e Peter A C Nelson.
Artistas:
Dirección de Producción; Jiafan Weng.
Asistente de Diseño de Vestuario; Brianna Lau Wing Yi.
Diseño Visual; NovaGarda.
Producción Audiovisual; Verve Creative.
Producción Artística; Escóltame.
Colaboradores:
Financiado por: Arts Capacity Development Funding Écheme e HKSAR Government.
ENTRADAS: de baldea través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.