A Pontenova – Festival das Minas
Sábado 14 de decembro de 2024
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova colaboración da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,
A xornada comeza ás 12.00 cunha andaina guiada e gratuíta pola Ruta das Minas, que ofrece un percorrido pola riqueza natural e o patrimonio industrial do municipio.
Pola tarde, o programa diríxise ao público infantil coa presenza de Os Bolechas e o contacontos inclusivo Dí e os Amorodos.
Ás 19.00 horas, toma protagonismo a música cun pasarrúas do Grupo Tambukda que tamén animará a degustación gratuíta de callos na carpa da asociación -ás 20.00 horas-.
As propostas estrela para rematar a xornada son o show “Aquí tou” de Xosé Antonio Touriñán -ás 22.30 horas- e a actuación do grupo Gin Toni´s -00.00 horas-.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte