Actividades polo 25N en Lugo
Lectura do manifesto pola profesora de ensino secundario do IES Ánxel Fole, Felisa Redondo Valín, a partir das 19.00 horas do mesmo día 25 fronte ao Concello. Tamén participarán no acto as Cantareiras da Asociación Cultural Cántigas e Frores.
Campaña de sensibilización Arrow-Par, da Asociación de Mulleres Empresarias, cubrindo cun chal violeta as estatuas de mulleres da cidade, como a Polbeira na Praza da Mosqueira; a enfermeira na Praza do Ferrol; Rosalía de Castro, no Parque de Rosalía e a de Concepción Arenal, nos xardíns da Praza da Constitución.
proxección dunha curta documental relacionada coa explotación sexual, dirixida ao alumnado dos institutos de educación secundaria que se proxectará no Museo Interactivo da Historia de Lugo o propio día 25 en horario de mañá, promovida pola Asociación Aliad Ultreia.
Presentación do mural do artista plástico Diego As, na casa das asociacións María Mariño, o 25N pola mañá.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte