10.1 C
Lugo
Jue, 15 May 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actividades polo Día de Europa 2025

9 de mayo - 16:30

Actividades polo Día de Europa 2025

Venres, 9 de maio – Pza Maior de Lugo

A xornada, organizada por Europe Direct Lugo comezará ás 16:45h cunha mesa informativa, acompañada dun obradoiro infantil de tatuaxes e unha sesión DJ a cargo de Alex Mei.

Acto institucional ás 17:45h, durante o cal se procederá á lectura do manifesto do Día de Europa e ao izado da bandeira da Unión Europea.

A partir das 18:00h celebrarase o xogo Desafío Europa, un reto participativo para testar os coñecementos sobre a UE dun xeito lúdico e ameno.

Como broche de ouro, ás 19:00h terá lugar un desfile de moda con deseñadores e deseñadoras lucenses, no que o talento local e a moda sostible e circular serán protagonistas.

A maiores, terá lugar o Concurso de Fotografía Dixital #EuropaDendeLugo, unha iniciativa coa que o Concello busca implicar á mocidade e ao público participante de maneira creativa nas redes sociais.

Neste concurso poderán participar todas as persoas que estean presentes no evento e suban unha fotografía creativa ou un selfie nas súas contas de Instagram ou Facebook, etiquetando ao @Concello de Lugo e @Europe Direct Lugo, seguindo ambos perfís e empregando o hashtag #EuropaDendeLugo.

As tres fotografías con máis “likes” ata o domingo 11 de maio ás 23:59h serán premiadas cun lote de merchandising oficial do Día de Europa (mochila, camiseta, bolígrafo e gorra). O luns 12 de maio farase público o nome das persoas gañadoras nas redes sociais oficiais.

Detalles

Fecha:
9 de mayo
Hora:
16:30
Categoría del Evento: