
Arturo Lezcano presenta na libraría Lectocosmos o seu libro O país invisible ((Tamén en edición en castelán, El país invisible)
O próximo luns 27 de outubro ás 19:30
Editado por Libros del KO, en conversa coa filóloga e bibliotecaria Lorena Gómez Méndez.
Cunha mestura de talento literario e de minuciosa labor xornalística, o reporteiro e escritor constrúe nesta obra unha monumental crónica da Galicia da diáspora, vertendo o froito de vinte anos de entrevistas, lecturas e experiencias como corresponsal en Latinoamérica.
Como se dunhas Mil e unha noites das Américas se tratase, o escritor transita entre a fábula e a literatura de viaxes para despregar un abano de personaxes pintorescos e abraiantes: desde Antonio Soto, heroe anarquista da Patagonia; Pepe la Muerte, lugartenente de Lucky Luciano; ou os centos de homes e mulleres anónimos que participaron na construcción da Canle de Panamá, e que crearon tamén unha nova vida e un novo país invisible doutro lado do mundo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte