Xornada «Boas prácticas culturais en residencias artísticas»
Xoves 21/11 – de 11 a 14h – CAM
Con inscrición previa en cam@lugo.gal (prazas limitadas).
Contará coa participación de destacados axentes culturais que abordarán as repercusións das boas prácticas nos proxectos de residencias artísticas.
Exploraranse diversos enfoques sobre a profesionalización, a sustentabilidade, o acceso á cultura, ou protocolos para contornas seguras.
Os participantes desta sesión serán:
Zaida Llamas e Alfredo Puente (Coordinación xeral e curadoría da Fundación Cerezales Antonino y Cinia, Cerezales del Condado, León) ;
Ania González (Avogada especializada en dereito da cultura e propiedade intelectual, cofundadora de despacho.eu, Vigo);
Sara García (Cofundadora da A Seara e vogal da Asociación Galega de Profesionais dá Xestión Cultural, Lugo );
Caterina Varela (Fundadora e directora do programa Residencias Paraíso do Colectivo RPM)
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte