9.4 C
Lugo
Mié, 16 Abr 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Bulos climáticos. Cómo defenderse ante la desinformación

27 de marzo - 17:30 - 19:00

Bulos climáticos. Cómo defenderse ante a desinformación

O vindeiro xoves 27 de marzo de 2025 ás 17:30 h, a UNED de Lugo acollerá a conferencia titulada «Bulos climáticos. Como defenderse ante a desinformación», un evento centrado na proliferación de mitos relacionados co cambio climático e nas estratexias para identificalos e combatelos con base científica.

A sesión será impartida por Emilio Macía e Iván Vázquez, dous estudantes que culminan con esta presentación as súas prácticas no programa «Centros ODS», dentro do equipo do proxecto #LugoNaturalMente da UNED de Lugo.

Durante a conferencia analizaranse algunhas das falsidades máis comúns arredor do cambio climático e presentaranse datos contrastados procedentes de estudos e publicacións de organismos recoñecidos internacionalmente, como o IPCC, a ONU e outras institucións científicas.

O obxectivo desta iniciativa é dotar ás persoas asistentes de ferramentas útiles para detectar e desmontar bulos climáticos, favorecendo unha comprensión crítica e rigorosa da información ambiental, e contribuíndo así a evitar a confusión social provocada, en moitos casos, de maneira intencionada.

A asistencia é de balde, pero require inscrición previa:

https://extension.uned.es/actividad/43795&codigo=BCCDA

UNED Lugo
Tolda de Castela Nº4B
27169 Lugo Lugo
982.28.02.02 / info@lugo.uned.es
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugohttps://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
27 de marzo
Hora:
17:30 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

UNED LUGO
Tolda de Castela Nº4B
Lugo, 27169
+ Google Map
Teléfono
982.28.02.02
Ver la web del Local