8.3 C
Lugo
Dom, 11 May 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Celebración dos maios

6 de mayo - 16:30

Celebración dos maios

«O martes 6 de maio, na Pza da Soidade, celebraremos os maios cos nenos e nenas da  Tradescola  e darémoslle a benvida á primavera cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional.

A partir das 16.30 horas terá lugar a elaboración dun maio figurado a cargo das/os nenas /os que se recubrirá con fentos, fiuncho, herbas e frores silvestres (na praza da Soidade de Lugo).

A continuación, o alumnado mais cativo da Tradescola  ofrecerá actuacións nas que se poderá gozar de numeroso repertorio tradicional cantado e bailado ao redor dos maios.

O programa da celebración será o seguinte:

Martes 6 de maio

De  16.30 a 17.15 horas: Elaboración de maios figurados.

A partir das 17.15 horas: actuacións arredor do maio a cargo dos grupos de alumnado infantil da Tradescola.

Esta é unha nova actividade que se suma ás levadas a cabo durante o curso, no que a maiores das aulas impartidas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical, están realizándose tamén certames e concertos didácticos de música Tradicional para escolares de distintas comarcas da provincia.»

A FESTA DOS MAIOS

A festa dos Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar a principios do mes de maio, e é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), mentres camiñan e bailan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus.

Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás.

As figuras que protagonizaban a festa, os maios, podían ser:

Maios figurados: unha figura en forma de cono -modelo máis tradicional- recuberta de mofo, fiuncho, herbas…

Maios humanos: unha persoa -neno ou adulto- cuberto de pólas, follas, flores etc.

Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos con flores, follas, fiúncho, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos, como materiais máis habituais. O cumio remátase (coróase) cunha cruz.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

 

Detalles

Fecha:
6 de mayo
Hora:
16:30