5.5 C
Lugo
Jue, 28 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Charla «O estado ecolóxico dos ríos de Lugo»

4 de diciembre - 19:00

Charla «O estado ecolóxico dos ríos de Lugo»

O vindeiro mércores 4 de decembro, ás 19:00 horas, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) impartirá a charla no salón de actos do Centro Asociado da UNED en Lugo.

Contará coa participación do biólogo Roi Cuba e a enxeñeira ambiental Lucía A. Anido.

A actividade enmárcase dentro do proxecto #LugoNaturalMente, reforzando a aposta de ADEGA por pór en valor o patrimonio natural do territorio lucense.

Ademais, subliña a importancia de xerar sinerxías con entidades comprometidas coa conservación deste patrimonio, destacando nesta ocasión o papel crucial dos ríos en contextos crave como a mitigación de inundacións e a súa influencia no equilibrio ambiental.

Durante a charla, os relatores presentarán os resultados do Proxecto Ríos, unha iniciativa de ciencia cidadá que, desde fai máis de dez anos, analiza a saúde ecolóxica dos ecosistemas fluviais en Galicia. Particularmente, exporanse as problemáticas ambientais que afectan os ríos da provincia, como a contaminación, a alteración de hábitats e o impacto do cambio climático, tomando como exemplo o rego de Segade.

O evento ten como obxectivo fomentar a reflexión sobre a importancia de preservar estes ecosistemas, fundamentais para a biodiversidade e o benestar humano, ademais de promover accións concretas para a súa protección.

A charla é gratuíta e poderase seguir tanto de forma presencial como virtual.

Para máis información e inscricións, pódese consultar o sitio web de Extensión Universitaria da UNED Lugo na seguinte ligazón.

Detalles

Fecha:
4 de diciembre
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

UNED LUGO
Tolda de Castela Nº4B
Lugo, 27169
+ Google Map
Teléfono
982.28.02.02
Ver la web del Local