8.3 C
Lugo
Vie, 26 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine – Comuneros

24 de marzo - 19:30

Cine – Comuneros

Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere
Ciclo de cine Páxinas da historia de España
Director Pablo García Sanz
España
2022
Documental | Documental sobre Historia. Século XVI
84 minutos
Longametraxe documental que narra os feitos acontecidos na Coroa de Castela en torno ao ano de 1521 coñecidos como ‘A Guerra das Comunidades’, e a influencia que exerceron estes feitos ao longo da historia posterior.
A principios do século XVI, a Coroa de Castela era unha das máis poderosas de Europa, durante os primeiros anos do seu reinado, Carlos I de España, tivo que facer fronte a un levantamento coñecido como a Guerra das Comunidades.
O 23 de abril de 1521 tivo lugar a Batalla de Villalar, un dos acontecementos máis transcendentais da historia moderna de España. Ese día comezou o fin dunha revolta que algúns dos máis importantes historiadores aventuráronse a describir como «a primeira revolución moderna da historia: a Revolución das Comunidades de Castela».
Por que se revelaron os comuneiros ante o rei e emperador Carlos V, que pretendían os seus líderes Bravo, Padilla, e Maldonado, e cal é o modelo de Estado que buscaban, son algunhas das cuestións que foron motivo de estudo durante séculos e que se abordan nesta película.

Detalles

  • Fecha: 24 de marzo
  • Hora:
    19:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • O Vello Cárcere
  • Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
    Lugo, Lugo 27002 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 71 95