
O Club Cultural Valle-Inclán pecha as “Sesións de Filmoteca” do ano cunha homenaxe a David Lynch, falecido en este 2025. Será un pequeno ciclo de dúas películas en VOSE.
Día 5 de novembro: El hombre elefante, de David Lynch. USA, 1980 – 125 min.
Día 12 de novembro: Una historia verdadera, de David Lynch. USA, 1999 – 111 min.
“Sesións de Filmoteca” desenvólvese en colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo acordo asinado pola AGADIC e a Federación de Cineclubes de Galicia.
Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 19:30 horas.
Entrada libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público cota proporcional de socio.
Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Salón de Actos da Casa do Saber
Drama | Biográfico. Enfermidade. Discapacidade. Século XIX. Película de culto
Guión: David Lynch, Eric Bergren, Christopher De Vore (Biografía: Joseph Merrick)
Intérpretes: John Hurt, Anthony Hopkins, Anne Bancroft, John Gielgud
Sinopse: Tras a surrealista Cabeza borradora, Lynch adapta na súa segunda longa a biografía de Joseph Merrick, home con deformacións corporais moi acusadas que a finais do século XIX se viu obrigado a traballar no mundo da farándula ata que un benfeitor que o acolleu nos seus últimos anos de vida logrou que recibise tratamento e puidese dedicarse por un tempo breve á escritura.
Película delicada e contida, é unha rara avis na filmografía do seu autor, habitualmente asociado a narrativas máis disruptivas e sensoriais. Gran papel de John Hurt como o “home elefante”.
Premios
1981: Premios César: Mellor película estranxeira
1980: 8 Nominacións ao Oscar, incluíndo Película e Director
1980: Globos de Ouro: 4 nominacións, incluíndo Mellor película – Drama
1980: Premios BAFTA: Mellor película, Actor (Hurt) e Dirección artística. 7 nominacións
1980: Sindicato de Directores (DGA): Nominada a Mellor director
1980: Sindicato de Guionistas (WGA): Nominada a Mellor guión adaptado – drama