Martes-20 de maio. 20:00 horas. Salón de actos da Deputación de Lugo. Entrada libre ata completar aforo
Longametraxe de ficción/ Farah Nabulsi/ 2023/ Palestina/ 115 minutos
Un mestre de escola palestino loita por conciliar o seu arriscado compromiso coa resistencia política coa posibilidade dunha nova relación coa traballadora voluntaria Lisa e o seu apoio emocional a un dos seus alumnos Adam.
A cinta recibiu numerosos premios internacionais.
Farah Nabulsi é unha directora palestino-británica defensora dos dereitos humanos.
Foi nomeada aos Oscar e gañou un premio BAFTA pola súa curtametraxe “The present” no 2021.
Fundou unha produtora a través da cal escribe, produce e dirixe as súas filmes de ficción, explorando temas que lle importan.
O ciclo Amal, que aborda temáticas como a situación en Gaza, os dereitos da muller en
Xordania ou a chegada de refuxiados a Europa, leva á capital lucense un resumo da última
edición da Semana de Cine Euroárabe Amal, que inclúe catro longametraxes e un documental–cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade.
Poderanse ver desde o martes, 20 de maio, ao martes, 17 de xuño,no salón de actos da Deputación de Lugo, ás 20:00 horas. O acceso ás proxecciónsé libre e gratuíto ata completar o aforo da sala.
A primeira sesión será o martes, 20 de maio, coa película The Teacher; o martes, 27 de
maio,proxectarase a ficción Inshallah Walad; o martes, 3 de xuño, será a quenda para o
documental ByeBye Tiberias; o martes, 10 de xuño, poderase ver a ficción To a Land
Unknown; e o martes, 17 de xuño, a película The Old Oak; todas elas producións de gran
recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo