Cine euroárabe “The Old Oak”
Martes-17 de xuño. 20:00 horas. Salón de actos da Deputación de Lugo. Entrada libre ata completar aforo
Longametraxe de ficción / Ken Loach / Reino Unido / 2023/ 110 minutos
O filme narra o futuro de The Old Oak, o único pub que resiste nunha vila do noroeste de
Inglaterra, onde a xente está abandonando a terra a medida que pechan as minas. As casas son baratas e están dispoñibles, polo que é un lugar ideal para un grupo de refuxiados sirios.
Ken Loach é un director británico de renome, coñecido polo seu estilo realista e o seu enfoque sobre temas sociais e políticos. Ao longo da súa carreira, dirixiu aclamadas filmes como “I, Daniel Blake”, “Riff-Raff” e “The Wind that Shakes the Barley”, todas elas premiadas internacionalmente.
Loach destaca polo seu compromiso coa xustiza social, acotío explorando as loitas das clases traballadoras e grupos marxinais nas súas obras cinematográficas.
Ciclo «Cine euroárabe “AMAL en Ruta Lugo 2025”»
O ciclo Amal, que aborda temáticas como a situación en Gaza, os dereitos da muller en
Xordania ou a chegada de refuxiados a Europa, leva á capital lucense un resumo da última
edición da Semana de Cine Euroárabe Amal, que inclúe catro longametraxes e un documental–cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade.
Poderanse ver desde o martes, 20 de maio, ao martes, 17 de xuño,no salón de actos da Deputación de Lugo, ás 20:00 horas. O acceso ás proxecciónsé libre e gratuíto ata completar o aforo da sala.
A primeira sesión será o martes, 20 de maio, coa película The Teacher; o martes, 27 de
maio,proxectarase a ficción Inshallah Walad; o martes, 3 de xuño, será a quenda para o
documental ByeBye Tiberias; o martes, 10 de xuño, poderase ver a ficción To a Land
Unknown; e o martes, 17 de xuño, a película The Old Oak; todas elas producións de gran
recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais.